Recuperemos os nosos bosques galegos

Unimos propietarios de terras e voluntarios para devolver o bosque autóctono ao seu sitio. Sen experiencia previa, só ganas de mancharte as mans de terra.

A nosa historia

De plantación a fraga

Tres capítulos para entender por que estamos aquí e como podes escribir o seguinte.

Capítulo 1

O monte que deixou de soar

Houbo un tempo en que subir ao monte era escoitar o vento entre as follas dos carballos e pisar castañas no outono. Pouco a pouco, ringleiras rectas de eucalipto foron ocupando esa paisaxe. Medran rápido, si, pero levan consigo a auga, a sombra e os paxaros.

E cando chega o verán, esa mesma plantación arde cunha facilidade que o noso bosque autóctono nunca tivo.

Capítulo 2

Un grupo de veciños que dixo abondo

Non queriamos seguir vendo como o eucalipto desprazaba as nosas árbores, nin como os incendios devoraban a terra. Así naceu Stop Eucalipto, unha iniciativa de Xeracion: unha pequena comunidade de persoas que cren no cambio.

Comezamos cunha idea sinxela. Poñer en contacto a quen ten un monte e non sabe como recuperalo con quen ten ganas de axudar.

Capítulo 3

Hoxe plantamos, mañá haberá bosque

Cada fin de semana de plantación é un pequeno acto de resistencia. Reforestamos, conectamos voluntarios con propietarios e formamos a mozos e mozas para que sexan parte da solución.

Esta historia non remata aquí. Escribámola xuntos.

Quero participar

We have a dream… reverter a eucaliptización da nosa terra e que castiñeiros, bidueiros e carballos recuperen o espazo que lles corresponde.

O plan

Propómoste un plan en tres pasos

Tan sinxelo como soa. Ven, planta, actúa.

  1. 01

    Ven

    Atopámonos no monte, onde o eucalipto desprazou a biodiversidade. Coas mans na terra reconstruímos a paisaxe. Se nunca plantaches unha árbore, non pasa nada: ensinámosche e acompañámoste.

  2. 02

    Planta

    Cada árbore nativa é unha semente de futuro. Non reforestamos por inercia: eliximos especies autóctonas e aprendemos de quen leva anos coidando a terra. Cada raíz é resistencia contra o monocultivo e o lume.

  3. 03

    Actúa

    O cambio tamén está en como consumimos e nas conversas que iniciamos. Por iso, ademais de reforestar, formamos en activismo dixital e participación cidadá. Protexer o bosque comeza polas nosas accións.

Que facemos

Traballamos para recuperar os nosos bosques nativos

01

Reforestación colaborativa

Eventos onde mozos e voluntarios plantan árbores nativas. Restauramos o ecosistema local e, de paso, o traballo en equipo e a conciencia ambiental.

02

Obradoiros de activismo

Formación en defensa do medio ambiente e competencias dixitais para empoderar a mocidade.

03

Diálogo político

Conversas entre mozos e responsables políticos para influír en decisións que coiden a saúde dos nosos ecosistemas.

04

Concienciación comunitaria

Campañas para que todo o mundo entenda por que preservar o bosque autóctono é unha tarefa compartida contra o monocultivo e os incendios.

O noso impacto

Cada número ten nome e apelidos

Xuntos restauramos bosque nativo e empoderamos a mozos e mozas en defensa da natureza.

200Árbores plantadas
10.000Metros cadrados intervidos
50Voluntarios ambientais
10Fincas custodiadas

Voces do monte

O que din os nosos voluntarios

★★★★★
Participar en Stop Eucalipto foi unha experiencia transformadora. Cada día traballamos por un futuro máis sostible e conectado coa natureza.
Ana Varela
★★★★★
Encántame saber que o meu esforzo contribúe a restaurar os nosos bosques. Cada xornada é unha oportunidade para aprender e facer amizades.
Dorindo Piñeiro

Contacto

Ei, quizais podemos facer algo xenial xuntos

Gustaríache participar nalgunha das nosas plantacións? Tes un monte de eucaliptos e quererías transformalo nunha fraga? Escríbenos. Encantaríanos traballar contigo polos nosos bosques.

  • Almendra 9, 15402 Ferrol (A Coruña)
Quero
Este campo é obrigatorio.
Introduce un email válido.